mércores, 15 de abril de 2015

XEOPARQUE PARA CABO ORTEGAL: UN PROXECTO DE DESENVOLVEMENTO

A xeoloxía esperta cada vez máis o interese da xente (basta ver as colas que se forman a miúdo na praia das Catedrais). Na zona de Cabo Ortegal temos un dos lugares de maior interese xeolóxico do mundo e dende a Asociación de amigos do Parque xeolóxico de Ortegal queremos poñelo en valor; por iso estamos promovendo unha iniciativa para conseguir o o seu recoñecemento como Xeoparque.



¿Qué condicións se teñen que dar para conseguir ese recoñecemento a nivel internacional? Que haxa un patrimonio xeolóxico destacado, e aquí témolo, e que este se converta nun motor de desenvolvemento económico sustentable na comarca, impulsando iniciativas locais respectuosas co medio natural e cultural, e niso estamos!

Queremos darche a benvida a este blog no que iremos dando cumprida información de todas as actividades que se vaian realizando nesa dirección e nas que xa, dende agora, te invitamos a participar. 

ASÓCIATE! O proxecto ben o merece...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.