domingo, 5 de novembro de 2017


A Asociación Amigos do Parque Xeolóxico do Cabo Ortegal informa que:

O pasado mes de novembro de 2017 os sete concellos (Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira e San Sadurniño) que integran o proxecto "Xeoparque do Cabo Ortegal" tiñan que votar en pleno extraordinario se desexaban formar parte dunha asociación intermunicipal encargada de xestionar a subvención de 500.000 euros da Deputación da Coruña a prol da creación do futuro xeoparque.

O resultado das votacións foi favorable nos sete concellos, a pesar diso algúns grupos políticos se abstiveron de votar a favor, poñendo como argumento que o futuro xeoparque suporía un lastre para o desenvolvemento da actividade industrial e os usos do terreo, unha afirmación totalmente falsa e que xa quedou demostrada en moitos territorios que agoran son xeoparque. Compre indicar tamén que nos concellos de Cedeira e Valdoviño tódolos grupos políticos votaron por unanimidade "SI" ao proxecto do xeoparque.

Dende a asociación alegrámonos moito de que este proxecto se vexa como unha oportunidade de futuro e que pouco a pouco vaia acadando os obxectivos marcados. Agardamos que o proxecto continue cara diante cunha base sólida e ben estruturada. 

Porque o final o xeoparque só será posible co traballo e axuda de todos  


luns, 20 de marzo de 2017

Xeolodía A Coruña 2017

Boa tarde a tod@s:

Nesta edición do Xeolodía 2017 a nosa asociación será a organizadora da actividade na provincia da Coruña. E os Concellos de San Sadurniño, Neda e A Capela financian o custe do autobús. Posto que agardamos que desperte moito interese, haberá Xeolodía os días 6, 7 e 13 de maio. E a súa inscrición realizarase exclusivamente vía online a través do formulario ao que podedes acceder facendo click no cartel do evento.


Importante:

- O prazo de inscrición iniciarase o vindeiro día 6 de abril ás 21:00. Pero xa pode accederse ao mesmo para consultar horarios, dificultade e instrucións xerais para os participantes.

- Ata completar as prazas do día 6, non se abrirá a lista do 7 e así sucesivamente. Cando todo este completo os interesados só poderán anotarse na lista de reservas.

- Calquera dúbida/cuestión ao respecto, pode ser realizada a través do correo da asociación (parqueortegal@gmail.com) ou nalgún dos 3 concellos implicados na actividade.


Moitas grazas pola vosa colaboración e agardamos que disfrutedes do Xeolodía 2017





venres, 27 de xaneiro de 2017

Novas sobre o proxecto

Achegamos a información que publica hoxe o xornal "La Voz de Galicia" sobre a reunión que tivo lugar onte en Moeche.

Para ler a noticia facer click na imaxe