luns, 30 de marzo de 2015

Predición do 26 ó 28 de xaneiro de 2018

 
Moi boas a tod@s!!!!

Comezamos esta semana con algunha chuvieira e unha pequena mellora que pouco durou. Onte entrou unha fronte con chuvias moderadas e tras dela chegou o aire frío con chuvascos e descenso acusado das temperaturas. Maña teremos unha xornada moi parecida a de hoxe, o sábado teremos os ceos moi cubertos con chuvieiras e domingo xa será unha xornada de nubes e claros e sen precipitacións.

 A nova semana comezará sen precipitacións pero cun descenso das temperaturas mínimas que provocarán algunha xeada. A partires de mércores, comezando o novo mes, nada esta claro… Entrara frío e algo de precipitación, non parece que o suficiente como para que neve en cotas baixas, aínda que algún modelo si o amosou nalgunha saída. A situación segue sen estar definida e aínda pode pasar calquera cousa. Veremos… e se non é desta será a seguinte, ou se cadra a seguinte mais, pero en febreiro teremos algunha entrada de frío importante…tempo o tempo!!

Predición para os próximos días:

-Venres día 26; será un día moi semellante ó de hoxe, aínda que remitindo a inestabilidade co avance da xornada. Teremos chuvascos intermitentes e algún intenso e de granizo. As temperaturas continuaran en valores moi semellantes e os ventos serán do noroeste frouxos.

 -Sábado día 27; teremos unha xornada de ceos moi cubertos con chuvieiras que serán persistentes por momentos, as temperaturas continuaran sen moitos cambios ou con pequenos ascensos. Os ventos serán de dirección variable frouxos.

-Domingo día 28; notaremos unha importante mellora nas condicións meteorolóxicas quedando unha xornada de nubes e claros e sen precipitacións. As temperaturas mínimas descenderán e as máximas subirán. Os ventos serán do leste frouxos.

 
 ¡¡¡MOI BOA FIN DE SEMANA A TODS!!!