Moi boas a tod@s!!!!
Comezamos
esta semana con algunha chuvieira e unha pequena mellora que pouco durou. Onte entrou
unha fronte con chuvias moderadas e tras dela chegou o aire frío con chuvascos
e descenso acusado das temperaturas. Maña teremos unha xornada moi parecida a
de hoxe, o sábado teremos os ceos moi cubertos con chuvieiras e domingo xa será
unha xornada de nubes e claros e sen precipitacións.
A nova semana comezará sen precipitacións pero
cun descenso das temperaturas mínimas que provocarán algunha xeada. A partires
de mércores, comezando o novo mes, nada esta claro… Entrara frío e algo de
precipitación, non parece que o suficiente como para que neve en cotas baixas,
aínda que algún modelo si o amosou nalgunha saída. A situación segue sen estar
definida e aínda pode pasar calquera cousa. Veremos… e se non é desta será a
seguinte, ou se cadra a seguinte mais, pero en febreiro teremos algunha entrada
de frío importante…tempo o tempo!!
Predición para os próximos días:
-Venres día 26; será un día moi semellante ó de hoxe, aínda
que remitindo a inestabilidade co avance da xornada. Teremos chuvascos intermitentes
e algún intenso e de granizo. As temperaturas continuaran en valores moi
semellantes e os ventos serán do noroeste frouxos.
-Sábado
día 27; teremos unha
xornada de ceos moi cubertos con chuvieiras que serán persistentes por momentos,
as temperaturas continuaran sen moitos cambios ou con pequenos ascensos. Os ventos
serán de dirección variable frouxos.
-Domingo día 28; notaremos unha importante mellora nas
condicións meteorolóxicas quedando unha xornada de nubes e claros e sen
precipitacións. As temperaturas mínimas descenderán e as máximas subirán. Os ventos
serán do leste frouxos.
¡¡¡MOI BOA FIN DE SEMANA A TODS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.