xoves, 25 de maio de 2023

Estamos de noraboa!!




 A UNESCO ven de outorgar este pasado mércores, de forma oficial, o título de Xeoparque Mundial ao Xeoparque do Cabo Ortegal.

As nosas aspiracións, e o motivo principal desta asociación, acaban de verse cumpridas. Non podemos estar máis contentos e contentas!!!!

Foi un camiño longo e nalgunhas ocasións complexo, pero dende aquí, queremos agradecer a todos aqueles e aquelas que puxeron o seu grao de area para conseguir este obxectivo.

Este recoñecemento é unha magnífica oportunidade para os sete concellos que integran o Xeoparque. Lembremos que non so se trata de dar a coñecer o marabilloso patrimonio xeolóxico deste territorio, senon que ábrese unha moi boa oportunidade para deseñar estratexias de desenvolvemento sostible da contorna onde o tecido asociativo, as redes comerciais, o sector de servicios, os produtos locais e un longo etcétera, terán moito que dicir.

Estamos encantados e encantadas deste recoñecemento e sabede que, dende hoxe, poñémonos a traballar arreo para colaborar en todo o que sexa posible coa xestora do Xeoparque e con todas aquelas persoas físicas ou xurídicas que queiran formar parte deste territorio tan querido por nós.

Moitas grazas!!!


domingo, 7 de maio de 2023

Xeolodía A Coruña 2023 - Resumo

 Boa tarde!

Tras estes dous intensos días nos que, afortunadamente, o tempo acompañou, hoxe tocaba o seu fin o Xeolodía 2023 na provincia de A Coruña.

Un total de 100 persoas puideron coñecer de primeira man as marabillas que agocha o territorio do proxecto de Xeoparque do Cabo Ortegal.

Agradecemos a Fran Canosa a súa inestimable colaboración e a adicación e cariño que lle pon á divulgación deste territorio. Sen el, isto non sería posible.

Grazas tamén a todas aquelas persoas que participáchedes no evento. Agardamos fora do voso interese e tamén que agora coñezades un pouquiño máis a nosa asociación.

Tras percorrer zonas tan singulares como o Monte da Caleira, A Painceira, Chao do Monte, os Cantís da Herbeira, O Casón e o Pozo do Inferno, estamos seguros de que, a partires de agora, miraredes con outros ollos esta magnífica paraxe.

Deixámosvos algunhas fotografías do evento.


Moitas grazas e ata a próxima!!!!








venres, 5 de maio de 2023

Xeolodía A Coruña 2023

 Boa tarde!

Mañá comeza a primeira das dúas xornadas que se desenvolverán na provincia de A Coruña do Xeolodía 2023.

Novamente, a nosa entidade participa na organización do evento.

Agardamos que estes dous días sexan o máis produtivos posible e que poidamos achegar a singularidade xeolóxica do proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal a todos e todas!!

Desexando xa que chegue o sábado!!!

Apertas!