xoves, 25 de maio de 2023

Estamos de noraboa!!




 A UNESCO ven de outorgar este pasado mércores, de forma oficial, o título de Xeoparque Mundial ao Xeoparque do Cabo Ortegal.

As nosas aspiracións, e o motivo principal desta asociación, acaban de verse cumpridas. Non podemos estar máis contentos e contentas!!!!

Foi un camiño longo e nalgunhas ocasións complexo, pero dende aquí, queremos agradecer a todos aqueles e aquelas que puxeron o seu grao de area para conseguir este obxectivo.

Este recoñecemento é unha magnífica oportunidade para os sete concellos que integran o Xeoparque. Lembremos que non so se trata de dar a coñecer o marabilloso patrimonio xeolóxico deste territorio, senon que ábrese unha moi boa oportunidade para deseñar estratexias de desenvolvemento sostible da contorna onde o tecido asociativo, as redes comerciais, o sector de servicios, os produtos locais e un longo etcétera, terán moito que dicir.

Estamos encantados e encantadas deste recoñecemento e sabede que, dende hoxe, poñémonos a traballar arreo para colaborar en todo o que sexa posible coa xestora do Xeoparque e con todas aquelas persoas físicas ou xurídicas que queiran formar parte deste territorio tan querido por nós.

Moitas grazas!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.