Amosando publicacións coa etiqueta xestión. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xestión. Amosar todas as publicacións

xoves, 31 de marzo de 2016

Xornadas sobre o patrimonio xeolóxico no concello de Ortigueira

A Fundación Ortegalia organiza para a fin de semana do 9 e 10 de abril unhas xornadas nas que se tratará o patrimonio xeolóxico do concello de Ortigueira, integrado no proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal. Esta actividade ten por obxetivo ensinar a metodoloxía empregada para valorar e cuantificar un lugar, e con elo determiñar se ten ou non un salientable patrimonio xeolóxico. Dende a asociación agardamos que esta actividade poda unha vez máis despertar un gran interese.

Máis información:

fundacionortegalia.blogspot.com  ou no teléfono 981 402 413




xoves, 7 de xaneiro de 2016

Noticia na prensa sobre o estado actual do proxecto

Feliz aninovo a tod@s, achegamos a información publicada o día 7 no xornal "La Voz de Galicia" sobre o proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal. É unha entrevista ao promotor do proxecto, Francisco Canosa, que conta entre outras cousas cal é o estado actual do mesmo. Agardamos por tanto que isto sirva para que as administracións se impliquen máis, e con elo seguir avanzando na preparación da candidatura. Para leer a noticia facer click na imaxe.


martes, 30 de xuño de 2015

Nova agresión ao patrimonio xeolóxico galego

No porto lucense de Burela atópase un dos lugares de interese xeolóxico máis salientables da Península Ibérica, defeito ten a categoría de "Geosite", é dicir, un lugar de interese xeolóxico a nivel internacional.

Como consecuencia da construción do vial de acceso ao porto estase a danar moi seriamente este lugar, que é visitado anualmente por xeológos e estudantes de xeoloxía de distintas universidades españolas. Mesmo representa unha parada obrigada nas viaxes de campo que se realizan nos congresos nacionais ou internacionais de xeoloxía estrutural.

Dende a nosa asociación agardamos que as administración competentes, tomen conciencia do dano que supón estas obras para este enclave da xeoloxía galega.


    Ano 2005


    Ano 2015

venres, 19 de xuño de 2015

Traballo presentado no congreso de patrimonio xeolóxico 2015

Disculpade o retraso na publicación da entrada sobre o traballo presentado no congreso de patrimonio xeolóxico, celebrado en Zumaia do 9 ao 13 de xuño de 2015.



A contribución científica, en modalidade póster, consistiu nun inventario detallado do patrimonio xeolóxico existente na zona de Cabo Ortegal, no que se estudaron un total de 40 lugares de interese xeolóxico (LIX). Do mesmo xeito ponse de manifesto cales son os máis vulnerables e cales teñen maior prioridade de protección, o cal axudaría moita na súa xestión.



Agardamos que sexa do voso interese. Para visualizado prema aquí.


mércores, 3 de xuño de 2015

Congreso de Patrimonio Xeolóxico Geoparkea 2015

A vindeira semana, do 9 ao 13 de xuño, en Zumaia (Xeoparque da Costa Vasca-Geoparkea) celebrarase unha nova edición do congreso nacional de patrimonio xeolóxico. Entre as numerosas contribucións científicas figura unha sobre o proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal. O xeólogo Francisco Canosa presentará en modalidade póster o "Inventario de LIG en el área del Cabo Ortegal (Norte de Galicia)", que estará dispoñible neste blog a partir do día 15.





Do mesmo xeito achégase a terceira circular deste congreso. Nela figuran os distintos traballos sobre patrimonio xeolóxico que van ser presentados. Para descargala, prema aquí.

domingo, 10 de maio de 2015

Que avalía o Comité Internacional de Xeoparques?

Como xa expuxemos neste blog e nas mesas redondas que estamos a realizar nos diferentes concellos, a figura de Xeoparque persegue a conservación, divulgación e posta en valor do patrimonio xeolóxico, así como a dinamización dunha economía local e sustentable que repercuta nos habitantes deste territorio.

Non pensedes que son uns obxectivos vagos e abstractos. Existe un documento do Comité Internacional de Xeoparques, organismo baixo o auspicio da UNESCO que determina que territorios pasan a acadar o recoñecemento de Xeoparque, que permite avaliar estas liñas de traballo polo miúdo.

Dende Asociación de Amigos do Parque Xeolóxico do Cabo Ortegal fixemos o esforzo de traducir este documento do inglés ao galego e agora querémolo compartir con todos vos para que poidades facervos unha idea moi precisa do que implica ser un xeoparque.

O documento, unha folla de cálculo, ten 9 follas. Animámosvos a lelo detidamente (cando teñades tempo). 

Se queredes facernos algún comentario ao respecto, sabedes que podedes contactar con nos a través do formulario que se atopa na esquina inferior dereita desde blog.

Para acceder ó documento prema aquí

mércores, 15 de abril de 2015

IDEAS PARA UN PROXECTO DE DESENVOLVEMENTO INTEGRAL SOSTIBLE NA COMARCA DE CABO ORTEGAL

A finalidade dun xeoparque vai mais alá da mera conservación e divulgación da riqueza xeolóxica dun territorio. Tan importante como esto será promover o desenvolvemento sostible da comarca. 


Para conseguilo haberá que traballar en dúas direccións:



-Un Plan Turístico. O xeoparque intenta poñer en valor a xeoloxía e atraer visitantes interesados por ela, polo tanto o turismo ten que ser un dos eixos do plan de desenvolvemento, pero non o único. Dende o órgano xestor do xeoparque debe impulsarse un plan que contemple un programa de xeoturismo amplo e sostible, diversificado, para todo tipo de público cunha finalidade, non só de ocio senón tamén divulgativa e ambiental. Tres son os piares do plan turístico que se promoverá dende o xeoparque:  evidentemente á xeoloxía , pero amén o resto do  patrimonio natural (ornitolóxico, botánico,...), así como o turismo cultural (patrimonio histórico-artístico, etnografía, actividades culturais, ...).


-Un Plan de desenvolvimento local.  Dicíamos que o turismo non ten que ser o único eixo deste plan de desenvolvemento sostible, pero si pode ser o escaparate que permita dar a coñecer moitos dos produtos da zona como: alimentos e produtos agrarios e gandeiros de calidade , forestais, pesqueiros, gastronomía, produtos de artesanía, etc. Para iso dende o órgano xestor deben establecerse convenios entre o xeoparque e as empresas e negocios locais, así como impulsar a creación de etiquetas ou "marcas" para os produtos da zona ou a organización de feiras e diferentes estratexias de mercadotecnia para a promoción destes produtos.


En Galicia existen xa iniciativas illadas de desenvolvemento sustentable que poñen en valor os produtos de cada zona que se manteñen no tempo e que incluso resistiron ben os embates da crise:





Palas de Rei (Lugo)
 Xurdiu hai máis de 25 anos, comercializa leite ecolóxica e derivados: queixo, iogurt, etc. O que combina co turismo rural e actividades culturais (sondaldea, charlas, cursos, etc)


 Carnota (A Coruña)

 Recuperou para o cultivo uns dos terreos máis fértiles do concello surtindo de froita e verdura ecolóxica e de calidade a unha comarca na que escaseaba a produción propia.


A Estrada (Pontevedra)

 Iniciativa que pon en valor o monte mediante unha explotación silvícola ordenada combinada con gandeira extensiva, en réxime de cooperativa.