A finalidade dun xeoparque vai mais alá da mera conservación e divulgación da riqueza xeolóxica dun territorio. Tan importante como esto será promover o desenvolvemento sostible da comarca.
Para conseguilo haberá que traballar en dúas direccións:
-Un Plan Turístico. O xeoparque intenta poñer en valor a xeoloxía e atraer visitantes interesados por ela, polo tanto o turismo ten que ser un dos eixos do plan de desenvolvemento, pero non o único. Dende o órgano xestor do xeoparque debe impulsarse un plan que contemple un programa de xeoturismo amplo e sostible, diversificado, para todo tipo de público cunha finalidade, non só de ocio senón tamén divulgativa e ambiental. Tres son os piares do plan turístico que se promoverá dende o xeoparque: evidentemente á xeoloxía , pero amén o resto do patrimonio natural (ornitolóxico, botánico,...), así como o turismo cultural (patrimonio histórico-artístico, etnografía, actividades culturais, ...).
-Un Plan de desenvolvimento local. Dicíamos que o turismo non ten que ser o único eixo deste plan de desenvolvemento sostible, pero si pode ser o escaparate que permita dar a coñecer moitos dos produtos da zona como: alimentos e produtos agrarios e gandeiros de calidade , forestais, pesqueiros, gastronomía, produtos de artesanía, etc. Para iso dende o órgano xestor deben establecerse convenios entre o xeoparque e as empresas e negocios locais, así como impulsar a creación de etiquetas ou "marcas" para os produtos da zona ou a organización de feiras e diferentes estratexias de mercadotecnia para a promoción destes produtos.
En Galicia existen xa iniciativas illadas de desenvolvemento sustentable que poñen en valor os produtos de cada zona que se manteñen no tempo e que incluso resistiron ben os embates da crise:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.