O pasado día 27 de xaneiro, o museo de historia natural da Universidade de Santiago concedeu a David Gutiérrez Fernández un premio ao seu traballo titulado "Talco, óxido de ferro e serpentina" sobre o toelo das minas de Moeche. Este traballo realizouno a raíz da visita guiada que organizou o Concello de Moeche o pasado mes de decembro. Dende a asociación os nosos parabens a David. Unha vez máis ponse de manifesto o interese que desperta a xeoloxía entre os máis novos.
Achegamos o traballo premiado.
Fonte: MHN. Universidade de Santiago
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.