Os vindeiros meses de outubro e novembro a AEPECT (Asociación española para la enseñanza de las ciencias de la Tierra) organiza unha nova actividade divulgativa e formativa sobre a xeoloxía do Complexo de Cabo Ortegal. Dende a nosa asociación apoiamos e colaboramos no desenvolvemento destas xornadas. Do mesmo xeito, consideramos que é unha boa oportunidade para dar a coñecer a salientable xeoloxía deste territorio.
O calendario de actividades é o seguinte:
- Teixidelo, un paraíso xeolóxico na Capelada. 3 de outubro.
- Vulcanismo na costa de Ortigueira. 17 de outubro.
- Herbeira e o Limo, un paseo polas profundidades da Terra. 31 de outubro.
- Descubrindo as ecloxitas, as rochas do Cabo Ortegal. 7 de novembro.
- Bateando nos ríos do Ortegal. 14 de novembro.
As prazas son limitadas.
Para máis información e reservas prema aquí.
Convidámosvos a participar nesta nova iniciativa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.