luns, 15 de xullo de 2024

I Concurso de Fotografía Xeolóxica - 2024


 

A Asociación de Amigos do Parque Xeolóxico do Cabo Ortegal organiza un concurso de fotografía xeolóxica co obxectivo de promocionar e dar a coñecer o patrimonio xeolóxico do Xeoparque mundial da UNESCO Cabo Ortegal.

-Inscricións dende o 15 de xullo ao 1 de outubro de 2024

-Poderán presentarse ata 2 fotografías por persoa

-Premios para as catro mellores fotografías

-Custe para socios (2€) e non socios (4€)


Os premios contarán co patrocinio das seguintes empresas locais, as cales a asociación agradece a súa colaboración:

-Grupo Expomar - Pescadería Sara

-Rutas Cedeira

-Conservas La Pureza

-DisfRutas Ortegal


Todas as persoas inscritas no concurso poderán asistir a unha XeoRuta polo Xeoparque Cabo Ortegal, que será guiada polo xeólogo Fran Canosa.

A inscrición realizarase a través do seguinte formulario online.

As bases do concurso poden consultarse aquí.