A Asociación de Amigos do Parque Xeolóxico do Cabo Ortegal organiza un concurso de fotografía xeolóxica co obxectivo de promocionar e dar a coñecer o patrimonio xeolóxico do Xeoparque mundial da UNESCO Cabo Ortegal.
-Inscricións dende o 15 de xullo ao 1 de outubro de 2024
-Poderán presentarse ata 2 fotografías por persoa
-Premios para as catro mellores fotografías
-Custe para socios (2€) e non socios (4€)
Os premios contarán co patrocinio das seguintes empresas locais, as cales a asociación agradece a súa colaboración:
-Grupo Expomar - Pescadería Sara
-Rutas Cedeira
-Conservas La Pureza
-DisfRutas Ortegal
Todas as persoas inscritas no concurso poderán asistir a unha XeoRuta polo Xeoparque Cabo Ortegal, que será guiada polo xeólogo Fran Canosa.
A inscrición realizarase a través do seguinte formulario online.
As bases do concurso poden consultarse aquí.