domingo, 5 de novembro de 2017


A Asociación Amigos do Parque Xeolóxico do Cabo Ortegal informa que:

O pasado mes de novembro de 2017 os sete concellos (Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira e San Sadurniño) que integran o proxecto "Xeoparque do Cabo Ortegal" tiñan que votar en pleno extraordinario se desexaban formar parte dunha asociación intermunicipal encargada de xestionar a subvención de 500.000 euros da Deputación da Coruña a prol da creación do futuro xeoparque.

O resultado das votacións foi favorable nos sete concellos, a pesar diso algúns grupos políticos se abstiveron de votar a favor, poñendo como argumento que o futuro xeoparque suporía un lastre para o desenvolvemento da actividade industrial e os usos do terreo, unha afirmación totalmente falsa e que xa quedou demostrada en moitos territorios que agoran son xeoparque. Compre indicar tamén que nos concellos de Cedeira e Valdoviño tódolos grupos políticos votaron por unanimidade "SI" ao proxecto do xeoparque.

Dende a asociación alegrámonos moito de que este proxecto se vexa como unha oportunidade de futuro e que pouco a pouco vaia acadando os obxectivos marcados. Agardamos que o proxecto continue cara diante cunha base sólida e ben estruturada. 

Porque o final o xeoparque só será posible co traballo e axuda de todos  


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.