domingo, 8 de outubro de 2023

Novas sobre a asociación (IMPORTANTE)

 Prezado/a socio/a: 

Nos derradeiros meses, a asociación á que vostede pertence sufriu varios cambios, por elo dende a actual Xunta Directiva gustarianos informar de todo isto:

 -O pasado 15 de abril de 2023 ás 19:30 celebrouse unha asamblea xeral na que se acordou elixir ós novos titulares da Xunta Directiva, que de seguido se indican: 

    -Presidencia (Francisco Javier Castro García) 

    -Vicepresidencia (Cristina Bayolo González) 

    -Secretaría (Xurxo Alonso Álvarez) 

    -Tesourería (Ángel Vergara López) 

-Vogais (Ángel Saavedra Dopico) (Marta María Díaz López) (Andrés Santalla López) (Claudio Alonso García) (Ana Dapena Mora) (Ángel Fernández Romero) 

-Posteriormente na convocatoria da asamblea xeral extraordinaria celebrada o día 15 de abril de 2023 ás 20:30, realizouse unha modificación dos estatutos da asociación con fin de adaptalos as novas necesidades da asociación, tendo como modelo a normativa establecida pola Xunta de Galicia. 

-O día 19 de xuño de 2023 a Axencia Tributaria aprobou a modificación do domicilio fiscal da asociación, que fora solicitada previamente. 

-Entre os acordos que se realizaron na asemblea xeral do día 15/04/2023 estivo a actualización da listaxe de asociados/as, por elo nas vindeiras semanas recibiredes un formulario no que poderedes decidir a permanencia ou exclusión da base de datos da asociación. 

Recibide un cordial saúdo.


CONVOCATORIA ASEMBLEA EXTRAORDINARIA

Bo día!

Tal e como comunican o Presidente e o Secretario da entidade, velaquí vai a convocatoria de Asemblea Extraordinaria. Contamos coa vosa asistencia!

Un saúdo.


CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA 

DATA: 11 de outubro de 2023 

HORA: 20:00 en primeira convocatoria e 20:30 en segunda convocatoria 

LUGAR: avenida Escola de Gaitas, nº 6 planta baixa (Ortigueira) 

Prezado/a socio/a: Tendo en conta o acordo da Xunta Directiva reunida o día 26/09/2023 ás 20:30, convócaselle a ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA que terá lugar na data, hora e lugar indicado no encabezamento, coa seguinte: 

ORDE DO DÍA 

1.- Modificación dos estatutos para con elo optar a axudas de fondos europeos

xoves, 25 de maio de 2023

Estamos de noraboa!!




 A UNESCO ven de outorgar este pasado mércores, de forma oficial, o título de Xeoparque Mundial ao Xeoparque do Cabo Ortegal.

As nosas aspiracións, e o motivo principal desta asociación, acaban de verse cumpridas. Non podemos estar máis contentos e contentas!!!!

Foi un camiño longo e nalgunhas ocasións complexo, pero dende aquí, queremos agradecer a todos aqueles e aquelas que puxeron o seu grao de area para conseguir este obxectivo.

Este recoñecemento é unha magnífica oportunidade para os sete concellos que integran o Xeoparque. Lembremos que non so se trata de dar a coñecer o marabilloso patrimonio xeolóxico deste territorio, senon que ábrese unha moi boa oportunidade para deseñar estratexias de desenvolvemento sostible da contorna onde o tecido asociativo, as redes comerciais, o sector de servicios, os produtos locais e un longo etcétera, terán moito que dicir.

Estamos encantados e encantadas deste recoñecemento e sabede que, dende hoxe, poñémonos a traballar arreo para colaborar en todo o que sexa posible coa xestora do Xeoparque e con todas aquelas persoas físicas ou xurídicas que queiran formar parte deste territorio tan querido por nós.

Moitas grazas!!!