luns, 30 de marzo de 2015

Predición do 11 ó 13 de agosto de 2017


Predición do 11 ó 13 de agosto de 2017



Moi boas a tod@s!!!!
Comezamos esta semana con bastante nubosidade , precipitacións e temperaturas bastante fresquiñas para estas datas. Dende hoxe recuperamos as altas presións e parece que gozaremos dunhas tres ou catro xornadas bastante boas. As temperaturas iran subindo progresivamente e os ceos permaneceran bastante abertos.
A situación segue cambiante e non se albisca unha mellora importante da situación, de feito os modelos prevén que durante o luns a situación volva mudar e chegue novamente abondosa nubosidade con algunha precipitación e un descenso das temperaturas, iremos vendo como evoluciona a cousa e que nos continua a deparar este verán.
Predición para os próximos días:
-Venres día 11; teremos unha xornada de nubes e claros, con mais nubes a primeiras e derradeiras horas. As temperaturas máximas ascenderan un par de grados e as mínimas descenderan, con fresquiño a primeiras horas. Os ventos serán do nordés moderados nas horas centrais da xornada.

 -Sábado día 12; será un día moi semellante o venres, con algo mais de nubes a primeiras e derradeiras horas e despexado no resto da xornada. As temperaturas mínimas non terán grandes cambios e as máximas continuaran a subir un pouquiño pero sen pasar dos 25ºC. Os ventos continuaran do nordés con algo mais de intensidade nas horas centrais.

-Domingo día 13: continuaremos cunha situación semellante, algunha nube e bastante sol, as temperaturas tenderan a subir e os ventos serán do nordés moderados.
 

¡¡¡MOI BOA FIN DE SEMANA A TODS!!!