luns, 30 de marzo de 2015




Predición do 23 ó 25 de xuño de 2017


Moi boas a tod@s!!!!

Comezamos esta semana con moita calor e ambiente moi seco, xa durante o mércores foi mudando a situación e parece que durante o que queda de semana as nubes serán abundantes pero sen precipitacións, se cadra algún orballo o venres durante a maña ou moito menos probable algunha tronada o domingo. A situación mudara durante a vindeira semana, cando chegaran as choivas e temperaturas frescas. Quedaremos baixo a influencia das baixas presións  que aportaran inestabilidade durante gran parte da vindeira semana, xa iremos vendo pero auga fai moita falta, esta todo moi seco e aínda estamos comezando o verán…veremos como se porta este verán. O que si vos podo dicir é que naide sabe como vai ser este verán, as predicións estacionais para a nosa latitude son imposibles, pode haber tendencias, medias…pero é imposible sabelo. Veña como veña haberá que gozar del e con el!!!!

Predición para os próximos días:

-Venres día 23; comezara o día con moita nubosidade e néboas, incluso con algún pequeno orballo con tendencia a ir mellorando para a a tarde e para a noite máxica de SAN XOAN. As temperaturas non terán grandes cambios, sendo moi semellantes as de hoxe. Os ventos serán de dirección variable frouxos.

 -Sábado día 24; será unha xornada de nubes e claros con mais nubes durante a maña. As temperaturas mínimas descenderan e as máximas serán moi parecidas as do venres. Os ventos continuaran de dirección variable frouxos.

-Domingo día 25; teremos unha xornada de nubes e claros con aumento de nubes durante a tarde, cando medraran nubes de tronada e poida caer algunha, pouco probable é moi complexo de predicir. As temperaturas ascenderan, sobre todo as máximas que se aproximaran os 25ºC en moitos lugares. Os ventos serán do leste-nordeste moderados.
 
¡¡¡MOI BOA FIN DE SEMANA A TODS!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.